Gondomar acolle este sábado as IV Xornadas Ornitolóxicas

O Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar acolle este sábado 24 de novembro desde as 10:00 ata as 14:00 horas as IV Xornadas Ornitolóxicas, organizada pola Federación Ornitolóxica Rexional Galega, coa colaboración de ACAE-Galicia (Asociación de Criadores de Aves Exóticas de Galicia) e Aviornis Ibérica. A entrada é gratuíta.

O programa previsto é o seguinte:

10:00 H. Presentación do Acto:
FRANCISCO FERREIRA – Alcalde de Gondomar
FERNANDO GONZÁLEZ CASAS – Presidente de ACAE-Galicia
10:15 H “Identificación Loros Africanos”
FRANCISCO JAVIER RODRÍGUEZ PENEDO – Criador
11:15 H. Descanso para tomar café
11:30 H. “Novidades Soivre Aplicación RD 7/2018”
RICARDO SOBRINO – Secretario de Aviornis Ibérica
12:00 H. “Pediatría en Psitácidos”
NUHACET FERNÁNDEZ – Veterinario en Loro Parque
13:30 H Mesa redonda tertulianos. Preguntas
14:00 H Clausura
14:15 H. Comida de Confraternidade no Pazo da Escola de Mañufe