O PP de Gondomar dará a coñecer este venres as súas propostas en Couso e Mañufe

O Partido Popular de Gondomar inicia este venres día 10 de maio a campaña electoral con actos públicos en dúas parroquias do municipio, nos que dará a coñecer as súas propostas e poder escoitar aos veciños. O primeiro será ás 19:00 horas na Casa Cultural de Couso, coa intervención de Paula Bouzós, candidata á alcaldía, Mª Dolores González e Emilio Dios. O segundo será no Centro Cultural de Mañufe, ás 21:00 horas, coa presenza de Paula Bouzós, Beatriz Bas, Mª Paz Rodríguez, Mª Dolores (Loly) Iglesias e Samuel Estévez.

Anuncios