Anuncios
Ticker de novas

Nigrán abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro “Risa e movemento”

O Concello de Nigrán, en colaboración coa Deputación de Pontevedra, organiza o obradoiro “Risa e movemento” no contexto do programa Tecendo Lazos. O prazo de inscrición comeza o día 21 de novembro e remata o día remata o día 10 de decembro. As persoas interesadas deberán presentar a solicitude no rexistro xeral do Concello acompañada da seguinte documentación: fotocopia do DNI, autorización do pai, nai ou persoa responsable do menor e fotocopia de volante de empadroamento.

O curso terá unha duración de 16 horas e desenvolverase os días 21, 26 e 28 de decembro, e 2 e 4 de xaneiro, de 17:00 horas a 20:00 horas no Centro da Terceira Idade de Ramallosa. Está destinado prioritariamente a persoas empadroadas en Nigrán. Terán preferencia as persoas que formen parte da mesma familia, se inscriban xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos…). Poderán participar menores a partir de 6 anos.

Para máis información na Omix, no teléfono 986 383 081.

Anuncios