Anuncios
Ticker de novas

Zona Franca súmase á Gran Recollida Solidaria do Banco de Alimentos de Vigo

ptr

O delegado da Zona Franca visitou, esta mañá, a nova nave do Banco de Alimentos de Vigo situada na avenida Alcalde Lavadores número 102 de Vigo. David Regades percorreu as recentemente estreadas instalacións acompañado polo presidente da Fundación, Pedro Pereira, e dun grupo de voluntarios e voluntarias.

A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo axuda a uns 150 colectivos sociais que, á súa vez, distribúena ás persoas con dificultades na provincia. O ano pasado repartiu 1,9 millóns de quilos de comida e nos seis primeiros meses de 2018 entregou preto de 1,2 millóns de quilos.

O delegado agradeceu e felicitou tanto ao presidente da fundación como a todo o voluntariado polo gran labor que realizan durante todo o ano e trasladoulles o apoio de Zona Franca á Gran Recollida Solidaria que terá lugar os próximos días 30 de novembro e 1 de decembro.

Para ser voluntario do Banco de Alimentos hai que cubrir un formulario colgado na web http://www.bancoalimentosvigo.org/formulario/ ou chamando ao teléfono 986 263 022.

Anuncios