Anuncios
Ticker de novas

Unha unidade móbil de doazón de sangue estará este martes na Carrasca e A Ramallosa

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este martes 20 de novembro o municipio de Nigrán. Estará situada diante do Centro Cultural da Carrasca, de 16:00 a 18:30 horas, e ao carón da Casa da 3ª Idade, na Alameda de Ramallosa, desde as 19:00 ata as 21:00 horas. Todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo no horario indicado. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.

Anuncios