Anuncios
Ticker de novas

O Baíña FS conmemora o Día do Neno cun concurso de poesía e debuxo

Para conmemorar o Día Internacional do Neno, o club Baíña Fútbol sala propón a todos os seus xogadores de base que se animen a participar nun concurso de poesía e debuxo que se abrirá o día 20 de novembro e finalizará o mércores 28. O tema dos debuxos e os textos será algo sobre a infancia e o Baíña Fútbol sala. Os gañadores recibirán dous libros de Iria Misa, “Mamá, quero ser Ziggy Stardust”, que trata sobre a infancia. A propia escritora será a encargada de facer a entrega dos premios o día 28 de novembro ás 18:30 horas. Os debuxos e poemas daránselle aos adestradores de cada categoría nos adestramentos antes do luns 26.

Anuncios