Anuncios
Ticker de novas

Gondomar participa no programa “Tecendo Lazos” co obradoiro “Risa e movemento”

O Programa “Tecendo Lazos 2018” da Deputación de Pontevedra chega a Gondomar cun obradoiro interxeracional no ámbito do lecer e o tempo libre. A Concellería de Xuventude, dirixida por Nuria Lameiro, oferta a través deste programa o obradoiro “Risa e movemento”.

As datas previstas para a súa celebración serán os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro en horario de 11:00 a 13:00 horas no Centro Neural de Gondomar. Poderán participar todos e todas as interesadas que teñan entre 10 e 99 anos. Terán preferencia as persoas que formen parte da mesma familia, se inscriban xuntas e pertenzan a diferentes xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos…).

Para poder participar deben cubrir unha solicitude, que poden descargala na páxina web do Concello de Gondomar ou recollela na OMIX, e entregala no Rexistro Xeral ou na OMIX achegando fotocopia do DNI e volante de empadroamento. O prazo de inscrición estará aberto do 20 de novembro ata o 10 de decembro.

Anuncios