Anuncios
Ticker de novas

Un terremoto de 3,8 graos con epicentro en Melgaço fai tremer o Val Miñor

Este sábado ás 20:55 horas rexistrouse un terremoto de 3,8 graos na escala de Richter con epicentro na localidade portuguesa de Melgaço. Segundo informa o Instituto Xeográfico Nacional (IGN), o tremor localizouse a 12 km de profundidade, nunha zona moi próxima á fronteira con Galicia, e púidose sentir en localidades do sur das provincias de Pontevedra e Ourense, entre elas Baiona, Gondomar e Nigrán, como así o están a facer constar os internautas do Val Miñor nas redes sociais.

Anuncios