Anuncios
Ticker de novas

O Vincios consegue a vitoria no derbi provincial de Superdivisión

FOTO: AD VINCIOS // Diogo Silva.

A AD Vincios acadou a vitoria por 4-2 contra o equipo Visit Pontevedra. O encontro, disputado o venres pola tarde no ximnasio do IES Terra de Turonio de Gondomar, estivo emocionante ata o último partido. O equipo local comezou perdendo os dous primeiros partidos, onde o ruso Viacheslav caeu por 3-1 ante o arxentino Horacio Cifuentes, e Martín Pintos ante o tamén arxentino Nicolás Galvano por idéntico resultado. Cando o partido estaba tan complicado, apareceu o portugués Diogo Silva para impoñerse moi claramente por 3-0 a Nacho Fernández, dando paso á vitoria de Viacheslav sobre Nicolás por 3-0, e afrontar o partido clave ante Horacio, que tras un loitado encontro, logrou superar por 3-2, con parciais 3-11, 11-3, 11-7, 7-11 e 11-4. Co empate asegurado para o Vincios, ao ir xa 3 a 2, a vitoria do encontro dependía do xogador da canteira da AD Vincios. Ese sexto partido disputado entre Martín Pintos e Ignacio Fernández foi moi equilibrado ata o final, chegando a xogar os cinco sets, ao final Martín Pintos venceu por 3 sets a 2, superando un 9-4 en contra para rematar 11-9. Co resultado final 4-2 para os de Gondomar conseguen unha importante vitoria contra un rival directo.

Anuncios