Sin categoría

Catro deportistas do Club de Loita Sabarís acoden ao Gran Slam de Braga

Galicia acode ao Gran Slam de Braga de Loitas Olímpicas, que terá lugar no Pavilhão Gimnodesportivo de Mire de Tibães (Braga, Portugal), o sábado día 17 de novembro, nas categorías de deporte base, escolar, cadete e júnior/sénior. O combinado galego estará formado por máis de 50 deportistas, que representarán as catro provincias galegas.

A principal novidade deste ano, é que se competirá nas modalidades de Loita Libre Olímpica e Loita Feminina. En anos anteriores a Loita Grecorromana era exclusiva de esta competición. En Galicia ten máis tradición e resultados a Libre Olímpica e Feminina. Esta competición serve como fase preparatoria das diferentes seleccións galegas, de cara o vindeiro ano.

Asistirán clubs da zona de Vigo e Baiona, mobilizando o resto dos seus deportistas como son o Club Ciudad de Vigo, Club El Castro de Vigo e Club de Loita Sabarís de Baiona. Do club baionés están convocados catro deportistas, David González, Anxo Uzal, Cristian Suárez e Omar Rodríguez. Os tres primeiros formarán parte da Selección Libre Olímpica Cadete, en 60, 65 e 71 kg respectivamente. Omar acudirá xunto coa Selección Libre Olímpica Júnior/Sénior, en 74 kg.