Anuncios
Ticker de novas

Inscricións abertas para participar na Copa Galicia de Surf – XXV Trofeo Concello de Nigrán

A Federación Galega de Surf e Patos Surf Club organizan este fin de semana, o sábado 17 ou o domingo 18 de novembro, con posibilidade de cambio debido a razóns meteorolóxicas, a Copa Galicia de Surf – XXV Trofeo Concello de Nigrán, no Pico de Patos. Colaboran ABANCA, Deleitar, TSP (The Surfeiros Piratas), Ya Te Comeré, Hi, Novalbos, Xunta de Galicia, Deporte Galego, Concello de Nigrán e Deputación de Pontevedra. O venres publicarase o horario en www.fgsurf.org.

Participarán as categorías Surf Open, Surf Open F e Surf Master. Os deportistas deberán estar no Top 16 Open, o Top 6 Open ou no Top 6 Master do Ránking do Circuíto Galego. As inscricións poderán realizarse ata o xoves 15 de novembro ás 13:30 horas na web da Federación Galega de Surf. O prezo sénior é de 30 euros/categoría para competidores Open e Master. Se debe abonar tantas inscricións como categorías nas que se compita. Pasada esta data non se aceptarán máis inscricións por razóns de organización. De non completarse os listados cos inscritos a FGS chamará por orden de Ránking ao resto dos competidores.

Anuncios