Anuncios
Ticker de novas

Baiona organiza un obradoiro sobre a xestión das emocións a través do teatro

A Concellería de Igualdade de Baiona, a través do Centro Municipal de Información á Muller, abre o prazo de inscrición para participar no obradoiro “Xestión das emocións a través do teatro”. Ten como obxectivo que as participantes desenvolvan o coñecemento de si mesmas e a comunicación, a través das diferentes dinámicas teatrais. Aprenderán a identificar emocións e diferentes maneiras de xestionalas. O obradoiro comeza o venres 23 de novembro en horario de 17:00 a 18:30 horas e desenvolverase todos os venres ata marzo de 2019. A actividade é gratuíta e as prazas son limitadas, tendo preferencia as mulleres vítimas de violencia de xénero. Máis información e inscricións no Centro de Información á Muller en horario de 9:00 a 14:00 horas ou no teléfono 986 357 554.

Anuncios