Anuncios
Ticker de novas

Baiona organiza novos cursos de alfabetización de adultos en Baredo e Baíña

O Concello de Baiona abre o prazo de inscrición para participar no curso de alfabetización de adultos/as. Nesta nova edición as clases desenvolveranse no Centro Cultural de Baredo e no Centro Cultural de Baíña.

En Baredo as clases comezan o luns 19 de novembro e desenvolveranse os luns e mércores de 17:00 a 19:30 e en Baíña comezarán o martes 20 de novembro e desenvolveranse os martes e xoves de 18:15 a 19:45.

Máis información e inscricións no Centro de Información á Muller, número de teléfono 986 357 554.

Anuncios