A Federación Galega de Bolos celebrará a súa III Gala do Deporte en Mañufe

O vindeiro día 24 de novembro a partires das 20:00 horas, no salón de actos da Casa da Cultura de Mañufe (Moreira nº 20) de Gondomar, a Federación Galega de Bolos celebrará a súa III Gala do Deporte. Na mesma galardoarase aos clubs e xogadores galegos que durante a tempada 2018 alcanzaron algún lugar de podio nos distintos torneos celebrados durante a tempada.

Ademais entregarase o III Trofeo Galaico a medios de comunicación e institucións que foi instituído no ano 2016. Entre os galardoados atópanse clubs e xogadores campións intercontinentais, nacionais e rexionais. Entregaranse un total de 165 diplomas e 63 trofeos. Os galardoados pertencen ás categorías pre-benxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, feminina, sénior e veteranos.

Están invitados a esta gala os Alcaldes e Concelleiros de Deportes dos Concellos do Val Miñor; Directivos da Federación Galega de Bolos e dos clubs adscritos á mesma; xogadores/as e afeccionados en xeral.

Anuncios