O nigranés Iván Roade gaña a Vigo+11

O nigranés Iván Roade Lago foi o primeiro atleta en cruzar a liña de meta da Carreira Popular Vigo+11, que celebrou este domingo a súa 12ª edición organizada pola Delegación en Vigo da Federación Galega de Atletismo coa colaboración do Concello de Vigo. Na proba, que pecha o circuíto RunRunVigo, participaron preto de 900 corredores repartidos entre as distintas categorías.

O novo corredor do ADAS-PROINOR completou os 10 quilómetros de percorrido con saída e meta na Rúa Concepción Arenal esquina Rúa Luis Taboada en 30:48. 20 segundos despois chegaba Carlos Porto Pazos, ocupando a segunda posición, e pechando o podio, José Gaspar, cun tempo de 31:21. En categoría feminina a vitoria foi para Ester Navarrete Santana (35:42). Sandra Mosquera Losada (37:23) foi segunda e Sofía Freaza Otero (38:23) terceira.