Nigrán organiza unha excursión para maiores a Monforte de Lemos e Ribadavia

O Concello de Nigrán continúa co seu programa de turismo social destinado á veciñanza da terceira idade cunha excursión a Monforte de Lemos (con parada en Ribadavia) o xoves 22 de novembro. Os interesados deberán inscribirse na Oficina de Información Cidadá do Concello de Nigrán a partir do luns 12 de novembro ás 9:00 horas abonando os 17 € de custe, o prazo pecharase cando, por rigorosa orde de inscrición, se complete a capacidade de dous autobuses.

Os participantes deberán presentarse na Casa do Concello ás 8:45 horas para saír en autobús ás 9:00. A primeira parada será en Ribadavia para realizar unha visita guiada ao Museo Etnolóxico de Ribadavia, situado no pazo de Baamonde. A continuación partirase a Monforte de Lemos e se almorzará no Mesón Ribeira Sacra, o menú será de primeiro paella e de segundo se poderá elixir entre merluza á romana e codillo de lacón asado (os dous menús inclúen patacas fritas e ensalada), ademais de sobremesa caseira, café e bebida. Xa pola tarde se realizará unha visita guiada ao casco histórico de Monforte de Lemos e se percorrerán as estancias do Pazo de Tor, no que predomina o estilo barroco e neoclásico lucense. Os 17 euros da viaxe inclúen o transporte, comida, visita a monumentos e guiadas.

O Goberno local de Nigrán entende que viaxar «non só serve para descubrir lugares novos, senón que apórtanos moítisimos beneficios especialmente útiles para as persoas maiores, como a mellora do ánimo, aumento da creatividade, mellora da capacidade de resolver problemas, estimulación da actividade cerebral e reconstituínte da memoria e da atención».

Nese sentido, o alcalde de Nigrán, Juan González, deixa clara a súa aposta por este programa, «porque a todos estes beneficios hai que engadir que se socializarán e, en definitiva, faraos sentir máis felices e vitais”.