Anuncios
Ticker de novas

Magosto e xogos populares este domingo en Peitieiros

O domingo 11 de novembro o Centro Cultural e Veciñal de Peitieiros, coa colaboración da Comisión de Festas, organiza un magosto no atrio da Igrexa Parroquial. Ás 17:00 horas haberá xogos populares para grandes e pequenos e a partir das 19:00 horas comezará o magosto con castañas gratuítas e música a cargo do grupo de gaitas Ecos e Agarimos.

Anuncios