Investigan a un mozo de Baiona por malos tratos no ámbito familiar e tráfico de drogas

A Garda Civil investigou penalmente a un mozo de 21 anos, veciño de Baiona, acusado de senllos delitos de violencia doméstica na persoa da súa nai e contra a saúde pública, por ter unha pequena plantación de marihuana na súa casa.

Os feitos chegaron a coñecemento da Garda Civil cando unha patrulla de seguridade cidadá do Posto Principal de Baiona-Nigrán, acode a un domicilio da localidade de Baiona para atender a chamada de auxilio dunha nai que estaba a ser agredida polo seu fillo.

Ao comprobar os detalles do relato desta nai, que non só fai referencia a que foi maltratada fisicamente polo seu fillo, senón que tamén lle causaba algunhas desfeitas na vivenda, a Garda Civil puido observar que no interior do inmoble había unha estancia cun invernadoiro portátil, equipado con todo o sistema de climatización e ventilación para o cultivo “indoor” de marihuana. Nos andeis da mesma habitación tiña varias macetas, algunhas delas con plantas de cannabis de distintos tamaños, ademais botes con fertilizantes e pastillas para o abono.

Unha vez confirmado que o fillo desta señora era o dono e responsable deste pequeno cultivo de marihuana que se atopou na vivenda, a Garda Civil procedeu á súa incautación ao mesmo tempo que se lle notificou a súa condición penal de investigado como presunto autor de senllos delitos de violencia doméstica e contra a saúde pública.

As dilixencias instruídas foron remitidas ao Xulgado de Instrución de garda de Vigo, onde deberá comparecer cando sexa notificado.