Anuncios
Ticker de novas

Os socialistas de Baiona presentan este sábado ao seu candidato á alcaldía, Carlos Gómez

As o os socialistas de Pontevedra acompañarán este sábado pola tarde ao candidato á alcaldía de Baiona, Carlos Gómez, nun acto aberto á cidadanía que terá lugar no Hotel Bahía da localidade ás sete da tarde.

Trátase do pistoletazo de saída nesta localidade de cara as municipais de maio de 2019. Durante o acto intervirán tamén o Secretario Xeral dos socialistas da provincia, David Regades, así como a Presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, que queren mostrar así o seu apoio a Gómez na súa carreira cara o bastón de mando de Baiona.

Gómez mostrouse “contento e con ganas de mostrar á veciñanza o proxecto das e dos socialistas para Baiona”. O actual portavoz socialista na corporación ten 44 anos e actualmente traballa como pintor, se ben no pasado ten desenvolvido outras profesións, principalmente no sector servizos.

De tradición socialista, pois seu pai foi secretario de organización na vila, comezou a militar no PSdeG fai cinco anos. Nas municipais de 2015 foi o número dous da candidatura á alcaldía, conseguindo entrar como concelleiro.

Ademais destes cargos institucionais, Gómez foi elixido en xaneiro de 2016 secretario de organización da agrupación municipal, para un ano despois ser apoiado pola militancia para desempeñar o cargo de Secretario Xeral, no que actualmente segue.

Anuncios