Anuncios
Ticker de novas

Mon Barreiro estará presente na foto oficial do Baíña Fútbol Sala

O adestrador santiagués Mon Barreiro visitará este domingo Baiona para asistir ao acto da foto oficial dos equipos do club Baíña Fútbol Sala. Barreiro, formado no histórico Santiago Futsal é actualmente segundo adestrador da selección Absoluta.

Mon Barreiro formou durante 14 anos parte do Santiago Futsal, onde as últimas campañas ademais de segundo adestrador exercía como coordinador da canteira. Ademais de levar o cargo de seleccionador galego sub 19 e adestrador de porteiros da selección absoluta. O seu traballo sempre foi unha referencia para o club baionés para organizar os seus equipos de base, sempre en función de seguir a liña marcada pola súa lema “formamos xogadores formamos persoas”.

A foto oficial será este domingo ás 16:00 horas no Auditorio V Centenario. Ademais da presentación dos equipos de base tamén haberá un vídeo sobre o traballo do club e sobre a campaña de socios que está a levar a cabo e xa alcanza a cifra de 350 socios.

Ao finalizar o acto da foto oficial (18:30 horas), xa no Pavillón de Baiona, o primeiro equipo disputará o seu partido da liga Preferente ante o Valladares. O equipo baionés ocupa os postos de honra da táboa e espera conseguir os 3 puntos ante un rival moi complexo.

Anuncios