Anuncios
Ticker de novas

Pablo Rodríguez reforza o ataque do Gondomar CF

Chega a reforzar o ataque do Gondomar CF, o veterano Pablo Rodríguez Ozores, xogador olívico de 31 anos, formado nas categorías inferiores do Celta. O traballo levouno a Londres, tras pasar polo Erizana. Chega ao equipo “asumindo un reto persoal e para axudar”.

Dende o Gondomar CF queren dar as grazas ao CD Vincios polas facilidades recibidas para a súa incorporación, tras pasar unhas xornadas alí xunto cos seus amigos. Así mesmo, deséxanlle ao club gondomareño unha boa e exitosa tempada.

Anuncios