Anuncios
Ticker de novas

Magosto en Baredo, Baíña, Chaín, Vincios e A Carrasca

Este sábado, día 10 de novembro, celébrase o tradicional Magosto en Baredo, Baíña, Chaín, Vincios e A Carrasca.

  • No Centro Cultural “A Cela” de Baredo comezará ás 18:00 horas con castañas, bocadillos de chourizo e viño, gratis para os socios.
  • No Centro Cultural e Deportivo Bolos da Carrasca será a partir das 19:00 horas nas pistas deportistas que se encontran xunto a escola de taekwondo.
  • O Centro Cultural e Social de Baíña celebrará o Magosto con viño e castañas desde as 20:30 horas, contando ademais coa actuación de Isidro Vidal e o Grupo Ardelume.
  • No Centro Cultural “A Merced” de Chaín comezará ás 21:00 horas e estará amenizado polas cancións de Furancho da Balsa e polo Grupo de Gaitas do Centro Cultural, con castañas gratis para os asistentes.
  • Finalmente, a Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios festexarao no Centro Cultural da parroquia a partir das 22:00 horas, ofrecendo castañas gratis para os socios (1 cornete gratis) e cornete de castañas a 1 euro, ademais con música en directo.
Anuncios