Anuncios
Ticker de novas

Porto do Molle contará cunha segunda gasolineira

Na reunión do Comité Executivo que presidiu o delegado David Regades, se autorizou outra opción de compra sobre unha parcela de 1.962 metros cadrados á empresa Petro Meeting Point, S.L.U. Esta empresa ten o proxecto de instalar en Porto do Molle unha estación de subministración de carburantes (gasolina e gasóleo) a vehículos, coa previsión da ampliación das instalacións con carga para vehículos eléctricos e subministración de gas natural vehicular, en función das expectativas da demanda para este tipo de enerxía. Dado que Petro Meeting actúa como intermediario e bróker en produtos petrolíferos biocarburantes e gas natural e en arrendamento de stock estratéxico de produtos petrolíferos as súas estacións comercializarán combustibles a prezos moi competitivos. Aínda que actualmente atópase en proceso de apertura unha estación de subministración na entrada do Parque, a instalación doutra estación de subministración enténdese que favorecerá a competitividade nos prezos da subministración repercutindo finalmente no consumidor deste produto.

Anuncios