Anuncios
Ticker de novas

Suspendidas as actividades no exterior dos centros educativos do Val Miñor

A Comisión Escolar de Alertas tomou hoxe a decisión de suspender hoxe, a partir das 12:00 horas as actividades no exterior dos centros educativos das zonas de predición meteorolóxica do suroeste da Coruña, oeste da Coruña, noroeste da Coruña, litoral de Pontevedra da Mariña lucense, debido a un fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por refachos de ventos superiores a 100 quilómetros hora que comezará este martes e se prolongará ata as 00:00 horas de mañá mércores.

Entre os concellos afectados están Baiona, Gondomar e Nigrán. En calquera caso, a Comisión decidiu que se manteña a actividade lectiva así como o transporte escolar en todos os centros educativos de Galicia. Aínda así, e como é habitual nestas circunstancias, no caso de que a situación meteorolóxica supuxese un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas a este respecto.

Anuncios