Sin categoría

“Dá a sensación de que é unha maneira de colocar aos seus en postos dentro do Concello”

Para a Agrupación Socialista, no día de onte ratificouse a deriva á que Baiona está inmersa polas políticas levadas a cabo polo actual Grupo de Goberno e que ademais teñen como consecuencia a perda da súa maioría absoluta, tras o paso dunha das súas concelleiras ao Grupo non Adscrito. “Non imos inmiscirnos e valorar os problemas internos doutras organizacións políticas, porque ademais os grandes prexudicados neste caso, son as e os veciños de Baiona. Pero o que queda patente e ratifica o que veño dicindo dende fai tempo é a nefasta xestión política deste Grupo de Goberno co Sr. Rodal á cabeza”, comenta o candidato á Alcaldía, Carlos Gómez.

Os socialistas aseguran tamén non querer valorar “unhas declaracións que retractan a D. Ángel Rodal, como xestor e Alcalde do seu partido, e máis grave tamén como Alcalde de Baiona”, pero queren deixar constancia de feitos como que, nos pasados días fíxose pública outra sentenza xudicial que obriga ao Concello a contratar a unha persoa «posta a dedo» polo Alcalde.

“Trátase dunha persoa afín ao Partido Popular que exercía un posto de confianza do Alcalde, a súa secretaria particular. Fai apenas uns meses sucedeu o mesmo cunha ex concelleira do PP, que conseguiu un posto fixo na administración do Concello sen pasar ningún tipo de exame nin ter mérito algún adquirido. Estas dúas persoas teñen en común a súa afinidade polo grupo que goberna o Concello de Baiona e que entraron a traballar no Concello nomeadas polo Alcalde”, recorda Carlos Gómez.

Estas dúas sentenzas súmanse ás tres ditadas ao longo deste ano, nas que obrigábase ao municipio a contratar a outras 3 persoas que estaban no Concello como bolseiros. “Ademais, hai que ter en conta que a única bolseira que non denunciou para conseguir o posto fixo foi “premiada” polo noso Alcalde cunha contratación como “persoal de confianza”. O mesmo posto que ocupaban as dúas persoas que denunciaron e que agora mesmo teñen a consideración de persoal administrativo”.

Para os socialistas, esta mala xestión e pasividade por parte do grupo de goberno, “dá a sensación de que verdadeiramente é unha maneira de colocar aos seus en postos dentro do Concello, entrando pola porta de atrás, sen pasar por unha oposición. Así poden devolver ou comprar favores cargando nos presupostos municipais o seu custo”.

Carlos Gómez recorda que ademais destes problemas creados polo partido que goberna Baiona hai que engadir o conflito que hai dentro da Policía Local e as máis de 30 reclamacións que fixeron os traballadores contratados a través do Plan Concellos da Deputación. “Este caso, é excepcionalmente vergoñento, xa que o goberno municipal non está pagando aos traballadores. As condicións deste plan din que a Deputación faise cargo dunha parte do soldo dos traballadores (o salario mínimo interprofesional) e o Concello debería pagar o resto, ata o que corresponda á categoría laboral do traballador, pero nin o fixo o ano pasado, nin o está facendo neste”.

Dende a Agrupación Socialista de Baiona piden que o Alcalde cumpra coa súa obriga e fágase responsable das súas actuacións, que prexudican tanto aos traballadores como a todos os veciños e veciñas de Baiona.

“Proba de todo o exposto é o que está a ocorrer no campo de fútbol do Aral, onde o sistemático retraso das obras do acondicionado do céspede, ten como repercusión que o club de fútbol do Erizana teña que tomar a triste decisión de suspender «sine die» as escolas deportivas como así nos fixeron chegar para que deamos repercusión, deixando a máis de 200 nenos sen adestramentos e sen practicar o deporte que lles gusta, e o máis grave se cadra, sen fomento da actividade física e do deporte escolar. Si por outra banda vai seguir disputando os partidos de liga polos compromisos adquiridos coa Federación Galega de Fútbol”.

Dende a Agrupación Socialista de Baiona esixen que o alcalde saia publicamente a dar explicacións e a dicir a verdade.