Anuncios
Ticker de novas

César Sánchez abandona o Gondomar CF

César Sánchez, Moisés Iglesias e Manu Cerón.

Tempo de movementos nun Gondomar CF que afronta un cambio no banco tras a saída dun agradecido César Sánchez, quen dimitía na noite do domingo “coa intención de axudar a xerar un revulsivo na entidade”. O técnico pontevedrés, que chegou no pasado mes de xullo xunto á nova directiva e de man do director deportivo Manu Cerón, comunicou a súa decisión tras o partido do pasado domingo ante La Guía.

O propio Cerón será quen dirixirá a sesión de adestramento de hoxe de forma interina, á espera da incorporación do novo técnico. En declaracións aos medios afirmaba que “non hai nada que reprochar a César nin aos seus axudantes, soamente agradecementos polo seu traballo e honradez, desde o primeiro ao último día. A decisión é persoal e dóeme particularmente pola relación persoal que me une ao corpo técnico saínte. É unha verdadeira mágoa que o grupo non aproveitase mellor a un gran adestrador, que se vai deixando as portas abertas, e pola porta grande. Chegou nun momento de valentes, e o equipo débelle moito”.

Anuncios