O próximo ano 2018 os baioneses marcarán en vermello no seu calendario como festivo local o 2 de marzo. O Concello declarará festivo local o primeiro venres de marzo a partir do próximo ano para «que todos os baioneses poidan gozar da Arribada o primeiro día», indicou o Alcalde, Ángel Rodal.
Como vén sendo costume tamén será festivo o 26 de setembro, festividade de San Cosme e San Damián. Os baioneses en xeral senten unha gran devoción e respecto cara aos dous irmáns e médicos. A devoción que se vén profesando aos Santos Cosme e Damián non só cínguese ao ámbito de Baiona senón que é extensible a todo o mundo cristián desde hai séculos.

