
A Consellería de Política Social organiza o programa “Xuntos polo Nadal”, dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroadas nalgún concello de Galicia que, valéndose por si mesmas, atópense soas nestas datas.
Este programa desenvolverase entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro do 2019. Consiste nunha estancia de 16 días na residencia de tempo libre do Carballiño (Ourense) en réxime de pensión completa con actividades de animación sociocultural.
O prazo para presentar solicitudes termina o 15 de novembro. Os interesados poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello, en horario de atención de 9:00 a 13:00 horas, situado na planta baixa da Casa Consistorial, e no teléfono 986 38 59 26.