Anuncios
Ticker de novas

Presentación do Cereixa Gondomar FS

Onte sábado na previa do partido contra o Tui Futsal, o Cereixa Gondomar FS realizou a presentación do equipo coas fotos oficiais nas que os xogadores e parte técnica estiveron acompañados dos patrocinadores e colaboradores.

“Grazas a todos vós este equipo viaxa por toda Galicia representado con moito orgullo a Vincios e Gondomar, pois a ninguén se lle escapa que todo o proxecto sostense por un gran orzamento económico ao que sós non poderiamos facer fronte”, destacan desde o club.

“Reunirse en equipo é o principio; Manterse en equipo é o progreso, traballar en equipo asegura o éxito”, Henry Ford. Grazas por soñar xuntos”.

Desde o Cereixa Gondomar FS agradecen a Cafetería Cereixa, Sisven, Elyco, MBC Stailenss Work, Silvertical, Cafés Disal, Comunidade de Montes de Vincios, Concello de Gondomar, Deputación de Pontevedra e a todos aqueles que colaboran co club nos carteis do Torneo de San Bieito e o de Tempada.

Anuncios