Magosto e Samaín en Camos

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Luca Riego.

A Asociación A Camoesa do Centro Cultural de Camos celebra este sábado día 3 de novembro un Magosto e o Samaín. O evento comezará ás 17:00 horas cun concurso de cabazas, que se poderán entregar ata as 19:00 horas. Tras a actuación do Mago Luca, que comezará ás 18:00 horas, entregaranse os premios ás 19:30. Desde as 20:30 horas haberá castañas asadas, viño e auga gratis, para finalizar coa actuación do Dúo Armonía a partir das 21:00 horas. Ademais haberá o sorteo dun xamón.

Anuncios