Gloria Pérez presenta en Baiona o seu libro “Ho’oponopono, la resurrección del cristo interior”

Gloria Pérez presenta este sábado 3 de novembro o seu novo libro ás 19:00 horas no Parador de Turismo de Baiona. Esta obra titulada “Ho’oponopono, la resurrección del cristo interior”, está incluída na saga de libros da autora titulada a enfermidade como camiño cara a un encontro interior.

É o 5º libro da escritora Gloria Pérez que tras recibir un diagnóstico de esclerose múltiple emprende unha viaxe apaixonante cara á saúde plena. Na súa viaxe atópase con diferentes vehículos que lle axudan a percorrer camiños totalmente descoñecidos e mares moi embravecidos.

Nesta ocasión fálanos con detalle desta ferramenta coñecida co nome de ho’oponopono e como sempre, atrévese a presentárnola desde a súa experiencia vital e vólvese a espir ante o lector falándonos dos seus medos, as súas inseguridades, o seu personaxe, a súa nena interior… Móstranos de maneira amena como ela mesma recuperou o recordo do seu cristo interior, móstranos o camiño máis fácil para chegar ao poder do corazón.

HO'OPONOPONO, LA RESURRECCIÓN DEL CRISTO INTERIOR

Anuncios