Un municipio canario interésase polo modelo turístico de Baiona

O Alcalde de Baiona, Ángel Rodal, recibiu no consistorio ao rexedor de Valverde (El Hierro), Daniel Morales Barrera, e á concelleira, Oihana Reyes Gónzales. Ambos se atopan cun grupo de corenta persoas de visita en Baiona para coñecer o seu modelo turístico. Interesáronse polo rendemento dos recursos turísticos, dos monumentos, das festas e tradicións… porque están interesados en tomar exemplo do patrón baionés.

Valverde é a capital da singular illa El Hierro. Esta localidade con pouco máis de 4.800 habitantes, é moi tranquila e acolledora. Está situada sobre unha montaña, a uns 600 metros de altitude, e ten como estraño, que é a única das capitais de Canarias que non ten costa.

Os visitantes canarios que se atopan estes días na Real Vila quedáronse fascinados coa beleza da vila e do seu mar, que estes días está en toda a súa plenitude debido á forte ondada. A península de Monte Boi, a Fortaleza de Monte Real pero fundamentalmente o seu Conxunto Histórico chamaron a atención dos visitantes.

Como recordo da súa estancia na Vila o Alcalde de Baiona fíxolles entrega do libro “El Reflejo del Tempo. El conjunto histórico de Baiona”, de Begoña Fernández Rodríguez.

Anuncios