Prata para o gondomareño Joel Ribeiro na Copa de Europa

FOTO: ESTEBAN RAMA

Por segundo ano consecutivo, Unai Cereijo García conseguiu adxudicarse a medalla de ouro na Copa de Europa de Patinaxe Artística na modalidade Libre da categoría Alevín, grazas un brillante programa realizado esta tarde durante a súa actuación no pavillón Juan Gómez “Juanito” de Fuengirola (Málaga). O patinador do CPA Maxia superou por apenas dous puntos a Joel Ribeiro Díaz (CPA Gondomar), que logrou a medalla de prata noutra gran actuación completando un podio monopolizado polos representantes españois, pois a medalla de bronce foi para Carlos Prieto Almeida.