O equipo feminino do Turonia Gondomar estréase en competición

Chegamos á 4ª xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico, na que deu inicio a competición regular das recentes campioas de Europa. Esta arrancou con 7 equipos en liza e deixa como líder provisional a Herdeiras de Dhais, que se impuxo claramente a Turonia G.F.G. equipo que se estrea en competición. Estrela Vermelha é segundo tras gañarlle a Auriense, mentres que Fillas, campioas nos últimos anos, venceu a Irmandinhas e son terceiras.

Na liga masculina Keltoi Vigo volve ao máis alto da táboa tras gañarlle folgadamente a un Ártabros moi mermado. Séguenlle na clasificación e cos mesmos puntos Estrela Vermelha e Irmandinhos, que non ceden terreo e demostran a súa condición de claros candidatos ao título vencendo en dous difíciles compromisos, no primeiro caso a Auriense e no segundo a Fillos. Herdeiros de Dhais escala posicións despois de superar a Turonia, mentres que Pontevedra e Mecos alcanzaron as súas primeiras vitorias en liga a costa de Dorna e Estrela Gaels, respectivamente.

Turonia 2-07 (13) vs Herdeiros de Dhais 6-12 (30) [Masc.]

A mañá do domingo amencía cun desputado partido no campo das Gándaras en Chaín entre os equipos masculinos de Turonia G.F.G. e Herdeiros de Dhais. A xélida mañá fixo que os dous equipos tardasen en meterse no partido, producíndose erros en ambos lados do campo. O equipo local, saíu con moita determinación, facendo unha grande primeira parte que lle permitiu chegar con vida ao descanso, cunha vantaxe de apenas un punto do equipo dos Herdeiros sobre os turoniáns. Porén, no transcurso do segundo tempo quedou patente a superioridade do equipo lalinense, que xunto ás rachas de vento en contra que sufriu o equipo de Turonia ao longo desta segunda parte, permitiu aumentar a distancia até o resultado final de 13 – 30.

Turonia 4-09 (21) vs Herdeiras de Dhais 4-30 (42) [Fem.]

Ás 12:30 daba comezo o partido que servía de estrea para o equipo do feminino do Turonia, ante un rival forte e experimentado como é o equipo das Herdeiras. A superioridade do equipo de Lalín, xunto á falta de experiencia e nerviosismo das turoniás, permitiu que desde o primeiro tempo a vantaxe fose para as visitantes. Porén, o equipo de Turonia mantivo o tipo nesta primeira parte, grazas aos goles conseguidos, chegando ao descanso cun resultado de 15-21. Porén, na segunda parte, o equipo das Herdeiras encheuse a meter puntos, ante unha defensa caótica do equipo local, que pouco puido facer para evitar a diferenza de 20 puntos coa que rematou o partido. Resultado final 21-42.

Chegamos á 4ª xornada da Liga Galega de Fútbol Gaélico, na que deu inicio a competición regular das recentes campioas de Europa. Esta arrancou con 7 equipos en liza e deixa como líder provisional a Herdeiras de Dhais, que se impuxo claramente a Turonia G.F.G. equipo que se estrea en competición. Estrela Vermelha é segundo tras gañarlle a Auriense, mentres que Fillas, campioas nos últimos anos, venceu a Irmandinhas e son terceiras.

Na liga masculina Keltoi Vigo volve ao máis alto da táboa tras gañarlle folgadamente a un Ártabros moi mermado. Séguenlle na clasificación e cos mesmos puntos Estrela Vermelha e Irmandinhos, que non ceden terreo e demostran a súa condición de claros candidatos ao título vencendo en dous difíciles compromisos, no primeiro caso a Auriense e no segundo a Fillos. Herdeiros de Dhais escala posicións despois de superar a Turonia, mentres que Pontevedra e Mecos alcanzaron as súas primeiras vitorias en liga a costa de Dorna e Estrela Gaels, respectivamente.

Turonia 2-07 (13) vs Herdeiros de Dhais 6-12 (30) [Masc.]

A mañá do domingo amencía cun disputado partido no campo das Gándaras en Chaín entre os equipos masculinos de Turonia G.F.G. e Herdeiros de Dhais. A xélida mañá fixo que os dous equipos tardasen en meterse no partido, producíndose erros en ambos lados do campo. O equipo local, saíu con moita determinación, facendo unha grande primeira parte que lle permitiu chegar con vida ao descanso, cunha vantaxe de apenas un punto do equipo dos Herdeiros sobre os turoniáns. Porén, no transcurso do segundo tempo quedou patente a superioridade do equipo lalinense, que xunto aos refachos de vento en contra que sufriu o equipo de Turonia ao longo desta segunda parte, permitiu aumentar a distancia até o resultado final de 13-30.

Anuncios