A protectora de animais Bai.senpulgas necesita axuda urxente para salvar a Daeneris, unha cachorriña atopada nun contedor de Redondela. Segundo sinalan desde a asociación, ten hidrocefalia, unha acumulación de líquido cefalorraquídeo que segue e segue aumentando ata causar a morte.
“Temos ata o mércores para recadar para facer un TAC, que nos custa 490 euros, e posible cirurxía no momento, que non sabemos o que nos vai a custar”, sinalan desde Bai.senpulgas, que tamén lembran que “estamos moi baixos na conta e debemos 3.000 euros nos nosos veterinarios”.
Daeneris non coordina os seus pasos, cae, parece que non ve nada e hai que darlle para comer e beber. “Non podemos deixala morrer, queda moito por diante”, conclúen desde a protectora.
Todos os que desexen colaborar poden facelo realizando unha doazón na conta de Abanca ES30 2080 5015 6130 4002 8917, a través de Teaming ou PayPal. Para contactar coa asociación está dispoñible o teléfono 645 181 585.

