Anuncios
Ticker de novas

Atopan un cadáver flotando no río Miñor ao seu paso por Gondomar

Segundo informa o 112 Galicia este domingo un veciño atopou o cadáver dunha persoa aboiando no río Miñor ao seu paso por Gondomar. Eran as 13:20 horas cando a persoa se puxo en contacto co 112 Galicia para dar conta da situación e pedir a intervención dos medios de emerxencias para o rescate do corpo. Así, desde o 112 Galicia, informouse aos Bombeiros do Baixo Miño, aos membros do GES de Val Miñor e aos profesionais do 061-Urxencia Sanitarias. Tamén avisouse aos axentes da Garda Civil co fin de aclarar as circunstancias do suceso e tratar de identificar á persoa.

Anuncios