Ao redor de 70 pilotos disputaron este sábado no Circuíto SX Abelleira de Morgadáns o Gran Premio Concello de Gondomar de Supercrós, organizado polo Motoclube Máis Gas contando coa colaboración da Concellería de Deportes. Trátase dun evento deportivo, non oficial, non federado, no que se aplica o regulamento do Campionato de España de SX.
Repartidos en oito categorías, Alevín (-8 e +8), Promesas (ata 14 anos), Hobby (pilotos noveis en competición), Promoción, Veteranos (+38), Elite e Féminas, completaron dúas mangas, sumando un total de 16 carreiras, caracterizadas pola espectacularidade dos saltos, a agresividade dos competidores e o perfecto dominio das motocicletas.
Os encargados da entrega de trofeos aos tres vencedores de cada categoría foron o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, e o concelleiro de Vías e Obras, Alumeado, Turismo, Comercio, Mercados e Dinamización Económica, Jose Manuel Chamorro.
O obxectivo é fomentar, promocionar e divulgar eventos deportivos de supercrós para o goce da afección a este duro e espectacular deporte. Isto non sería posible sen a directiva abnegada xunto co esforzo e colaboración desinteresada dos seus membros e achegados e, por suposto, da afección galega que en definitiva é a que lle dá sentido a que o club siga traballando.
Clasificacións Gran Premio Concello de Gondomar de Supercrós
Alevín -8
1. JOAQUÍN CASTRO BARRIGÓN
2. BREIXO POSADA ÁLVAREZ
3. IVÁN VIDAL PÉREZ
Alevín +8
1. ADRIÁN CARRERA CARRERA
2. FRAN VILAS FERNÁNDEZ
3. IZAN PASCUAL
Promesas
1. ADRIÁN CASTRO BARRIGÓN
2. MATEO GARCÍA CASTRO
3. ADRIÁN SOUTULLO VIDAL
Féminas
1. EVA COSTAS RODRÍGUEZ
2. ALBA FERNÁNDEZ LÓPEZ
3. MARÍA IGLESIAS COVELO
Promoción
1. IVÁN DASILBA DASILBA
2. ALEIXO DANIEL ROMEIRO ARES
3. PABLO BASTOS BASOA
Veteranos
1. ALBERTO DÍAZ FERNÁNDEZ
2. ÓSCAR BARCIA RIOBÓ
3. DOMI PÁRAMOS CORRALES
Hobby
1. ÓSCAR PÉREZ OLIVEIRA
2. MANUEL IGLESIAS COVELO
3. JACINTO CARIDE
Júnior
1. JOSE CANOSA FERNÁNDEZ
2. MARTÍN RIOBÓ HERBELO
3. SAMUEL VÁZQUEZ ROCA
Elite
1. SERGIO FERNÁNDEZ GARCÍA
2. ÓSCAR BARCIELA FERNÁNDEZ
3. JOSE FEIJÓO IGLESIAS

