Cortes de subministración eléctrica este domingo en Gondomar

Unión Fenosa informa de posibles interrupcións da subministración eléctrica este domingo 28 de outubro en Gondomar, entre as 7:00 e as 11:00 horas aproximadamente, pola realización de traballos de mellora e mantemento na rede de distribución.

Morgadáns: lugares San Roque, Gulfar, Gondomar, Raposeiras, Padróns, Hervillas, Batizosa, Viño, Guillufe, Xende, Avelosa, Pedra, Cmño. Branco, Entreviñas, lago, Gonda, Queimaliños, Carballás, Carballeira, Picouso, Baralla. Chaín: lugares Fouco, Mourisca, Iglesia, Pintor, Castelo, Loureiro, Pedrouco, Rogodagua, Torre, Paraboa, Mourisca. Mañufe: lg. Sequiñas. Louredo: lg. Torreira. Peiteiros: lugares Fonte, Area, Gándara, Peroleira. Couso: lugares Boucia, Bastida, Fonteiriñas, Laxes, Bandeiriñas, Terra do Rei, Vacarias, R/ Manuel Gonda Pérez, Feira, Cmño. Chapurra, Portela, Pedreira, Torre, Aldea A Fraga. Gondomar: Ameixeira, R/Eduardo Iglesias, Cmño. Ameixeira A Cotro. C.T. particulares: 36p742 (Rochela-Gondomar); 36pz79 (Peroleira-Gondomar).

Unión Fenosa lembra que estas liñas considéranse en tensión polo que a subministración pode repoñerse en calquera momento. Está prohibido manipular as redes de distribución a toda persoa non autorizada. Para calquera dúbida ou consulta está dispoñible o teléfono de atención ao cliente: 900 111 999.

Anuncios