O Centro Cultural Bolos da Carrasca acolle este sábado o XVIII Torneo de Petanca Concello de Nigrán, organizado directamente polo consistorio e coa participación de clubes de toda Galicia. En total, disputarán o trofeo 35 equipos de tripletas masculinas e dez femininas, reuníndose máis de 135 xogadores. A competición arranca ás 9:00 da mañá e estenderase durante todo o día, estando prevista a entrega de trofeos ás 21:30 horas. No evento, autorizado pola Federación Galega de Petanca, colabora a Deputación de Pontevedra.
XVIII Torneo de Petanca Concello de Nigrán na Carrasca

