Sin categoría

UCN lamenta que o parking público da Ramallosa permaneza pechado desde fai tres anos

O portavoz da formación independente Unión Centrista de Nigrán (UCN), Antonio Fernández Comesaña, lamenta unha vez máis a desidia e falta de xestión do goberno local, ao permitir que o parking público da Ramallosa –xestionado mediante concesión-, permaneza pechado desde fai tres anos, e sen que o Concello durante este tempo iniciase ningún expediente administrativo, obrigando á concesionaria “Establecimientos Valle Miñor, S.L.” á súa inmediata reapertura, ou no seu caso, proceder ao rescate da concesión, a pesar da súa reiteración en varios plenos. “Con todo o alcalde fixo oídos xordos unha vez máis”.

“Pero a proba máis que evidente de que este goberno local do PSOE atópase na UCI e con respiración asistida, é a súa incapacidade para tomar decisións, xa que ante un asunto de vital transcendencia para os intereses municipais, tardou tres anos en someter á consideración do Pleno o escrito presentado pola concesionaria o día 01/10/2015 e reiterado o 02/12/2016, no que pon de manifesto a acumulación de perdas na explotación, polo que solicitaba para poder levar a cabo o mantemento do equilibrio económico da concesión, ampliar en 10 anos máis a concesión (de 39 a 49 anos), así como aprazar o 50% do canon (6.000€ anuais) ao últimos dez anos, e o que é peor, facer cumprir a lei para evitar a competencia desleal doutro aparcadoiro na contorna que leva anos funcionando sen licenza municipal algunha e que o Concello está a permitir o seu funcionamento ilegalmente, o que puidese o alcalde Juan González, estar a facer unha grave e irresponsable abandono das súas funcións”, afirma Fernández Comesaña.

UCN lembra que o citado parking vén funcionando desde novembro de 2007, ao resultar adxudicataria a citada empresa da concesión para a “construción e explotación dun aparcadoiro no subsolo da zona verde do PERI-5 da Ramallosa”, catro plantas e 357 prazas de aparcadoiro, cun canon de 6.000€ anuais, así como o uso gratuíto por parte do Concello de 6 prazas de garaxe -sen poder utilizar agora-, por un período de 39 anos, construído a custo cero para a administración.

“Con todo, o alcalde deixou pasar o tempo –nada menos que tres anos- para resolver un escrito, o que pon de manifesto a parálise administrativa e política da administración municipal, sen que o alcalde faga nada para remedialo, pero dá a impresión que se atopa máis cómodo andando de parranda en actos folclóricos ou mesmo de viaxe cos avós, pero sen xestión importante algunha que se lle coñeza, e para mostra un botón”.

“UCN abstívose na votación do pleno de outubro polo que se desestimou a proposta da concesionaria, non só por inseguridade xurídica, xa que os informes técnicos non eran do todo concluíntes ao noso entender, senón tamén, polo alarmante atraso de tres anos, que moito nos tememos poida acabar nun longo litixio con resultado moi incerto para os intereses municipais, dadas as experiencias recentes, tanto en Vigo como Baiona”, conclúe o portavoz independente.