A escritora Ánxela Loureiro participa no primeiro Lendo Contigo da tempada

O club de lectura compartirda Lendo Contigo volve no mes de outubro coa obra publicada por Xerais “Choiva de ras”. A súa autora, Ánxela Loureiro, estará na inauguración desta nova tempada.

“Choiva de ras” é unha aventura protagonizada por animais e que afonda nos valores da independencia, a amizade, a solidariedade e o respecto. Nesta historia, RaMona, a ra máis independente do lugar, enfróntase a situacións moi divertidas, pero tamén de moita responsabilidade, que fan que reflexione sobre a vida na lagoa.

A sesión será o sábado 27 de outubro na Casa da Lectura (Nogueira 8, Donas) ás 12:00 horas.