Alumnos e alumnas do IES Auga da Laxe visitan o Centro de Negocios de Porto do Molle

FOTO: IES AUGA DA LAXE // O grupo de alumnos e alumnas no Centro de Negocios de Porto do Molle.

Un grupo de alumnos e alumnas de Economía e de Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial de 4ºESO do IES Auga da Laxe de Gondomar, acompañados polo seu profesor José Pereira, achegáronse o martes ata Porto do Molle. Visitaron as instalacións e puideron coñecer o funcionamento do centro de negocios, do viveiro de empresas e do programa de ViaGalicia. Ademais, tiveron a oportunidade de conversar con Alfonso Lago, CMO/CTO da empresa Colibrí.

Anuncios