Un grupo de veciños e veciñas da parroquia nigranesa de Parada visitaron este martes o programa da Televisión de Galicia “Vin polo vento”, no que Nieves Rodríguez conta todos os segredos dos habitantes dun barrio ou dunha vila galega, desprazando a boa parte da veciñanza ao estudo de gravación. A Asociación Cultural e Recreativa Parada do Miñor de Nigrán organiza ao longo do ano infinidade de actividades, e deu boa mostra no programa. A Rondalla, a Comparsa de Entroido, ou a Andaina do Terror.
Carmen ensinou a preparar un chocolate, que todos os seus veciños proban polo menos unha vez ao ano e que puideron gozar no estudio, descubrimos a historia de amor de Antonio e Carmen, e coñecemos a Eva, unha moza moi activa e amante do baile, abandeirada da Rondalla, e a Jose Manuel, un dos compoñentes da comparsa de entroido. David, presidente do Centro Cultural, deu unhas clases de como tocar a pandeireta, e falaron con Pedro, ao que lle encanta debuxar e é un cociñeiro de primeira.
O programa completo pódese ver nesta ligazón.

