Nigrán tramita a solicitude para participar no programa “Xuntos polo Nadal”

FOTO: XUNTA DE GALICIA // Xuntos polo Nadal en Panxón.

A Consellería de Política Social organiza o programa “Xuntos polo Nadal”, dirixido a persoas maiores de 60 anos empadroados nalgún concello de Galicia que valéndose por se mesmas atópense soas nestas datas. Este programa desenvolverase entre o 23 de decembro e o 7 de xaneiro do 2019 e consiste nunha estancia de 16 días na residencia de tempo libre de Carballiño (Ourense) en réxime de pensión completa con actividades de animación sociocultural. O prazo para presentar solicitudes termina o 13 de novembro. Os interesados poden dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán previa solicitude de cita no teléfono 986.365.000 (ext 4).

Anuncios