Aberto o prazo de inscrición para participar na comparsa “Vinciocas”

FOTO: MIRIAM RODRÍGUEZ // Comparsa da Asociación de Veciños "Galiñeiro" de Vincios.

A Asociación de Veciños “Galiñeiro” de Vincios xa está a preparar a temática da Comparsa de Entroido “Vinciocas” 2019, dándolle sentido á composición dos disfraces e as diferentes coreografías. Os interesados en participar na comparsa poden informarse e anotarse na Asociación de Veciños ou nos teléfonos 986 469 692 ou 699 129 887.