Últimos días para sumarse ao proxecto de paquetes de experiencias mariñeiras de Baiona

O vindeiro xoves, 25 de outubro, finaliza o prazo para que establecementos hostaleiros, comercios, restaurantes… e todos aqueles interesados en inscribirse e formar parte da iniciativa da Asociación Villas Marineras para impulsar en Baiona un produto turístico vinculado ás experiencias mariñeiras.

O eixo principal deste proxecto son as vivencias que o turista poderá gozar vinculadas á cultura do mar, e estanse mantendo reunións con entidades directamente vinculadas ao sector mariñeiro como a Confraría de Pescadores “La Anunciada” ou representantes do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro GALP-7 Ría de Vigo- A Guarda, entre outros.

Atraer a numerosos turistas tamén en tempada baixa. É o obxectivo que persegue Baiona xunto co resto de localidades que compoñen a asociación Villas Marineras desde a súa creación. O último proxecto deseñado pola entidade pretende alcanzar a ansiada desestacionalización mediante o impulso de paquetes de experiencias.

Todos aqueles interesados poderán obter información e apuntarse ao proxecto en gerencia@villasmarineras.es. Agora toca dar forma a todas as ideas e propostas para que sexan unha realidade nuns meses.

Unha vintena de establecementos sumáronse xa á iniciativa da Asociación Villas Marineras para impulsar en Baiona. Puxéronse encima da mesa experiencias singulares que poden potenciarse e cuxos impulsores recibirán nestes meses unha asistencia directa de consultoría por parte do equipo de xerencia de Villas Marineras.

Mariñeiro en terra, para poder gozar de como é a preparación do barco para saír a pescar, as redes, as nasas, as diferentes artes de pesca, as historias dos mariñeiros contadas desde a experiencia de toda unha vida no mar. Mariscadoras, para ver a pé como se recollen os percebes ou os ourizos, protagonistas absolutos do mar nesta Vila Mariñeira. Ao mercado co chef, para adquirir desde o saber da peixaría, o mellor sabor que cociñará un chef profesional nun restaurante da localidade. Descubrindo o porto deportivo, paseos en barco, rutas guiadas pola Baiona mariñeira salpicada de historia, lendas e naufraxios, ou pedalea polo Camiño de Santiago, son entre outras algunhas das propostas actuais.

Á parte do sector máis vinculado ao mar, sumáronse ao proxecto o que no manual de Produto Mariñeiro denominouse servizos complementarios: aloxamento, restaurantes, comercios, equipamentos que fan unha chiscadela ao mar incluíndo elementos mariñeiros na súa actividade e que se atopan situados no municipio de Baiona. Incorporáronse tamén empresas de turismo activo, unindo á súa actividade unha orientación á cultura mariñeira. Destacar en pádel surf a ver as bateas, rema o Camiño en kaiak de mar, entre outras.