Anuncios
Ticker de novas

O goberno de Gondomar se reconfigura tras a expulsión de Manifesto Miñor

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, asinou este luns as resolucións de cesamento dos tres concelleiros de Manifesto Miñor que formaban parte do goberno municipal, Antonio Araújo, Xosé Antón Araúxo e Rocío Cambra. Agora, os catro membros do goberno socialista en solitario asumirán as áreas que xestionaban os seus socios.

Ferreira farase cargo das Concellerías de Benestar Social e Participación Cidadá e Transparencia, que se suman á de Seguridade e Tráfico que xa xestionaba. Nuria Lameiro será a nova Tenente de Alcalde, continuará dirixindo Cultura, Deportes, Igualdade e Xuventude, e asumirá Mobilidade, Medio Ambiente e Sanidade.

Iria Lamas, ata agora concelleira de Educación, Infraestruturas e Servizos Básicos, encargarase tamén de Urbanismo, Patrimonio e Vivenda, e ocupará o cargo de Segunda Tenente de Alcalde. Ademais incorporarase á Xunta de Goberno, da que non formaba parte. Finalmente, Jose Manuel Chamorro engadirá Turismo, Comercio, Mercados e Dinamización Económica ás carteiras que xa tiña, Vías e Obras e Alumeado.

Anuncios