Sin categoría

Entrega do premio e inauguración da exposición fotográfica do certame Viaxando en Gondomar

O pasado venres o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira , e a Concelleira de Xuventude, Nuria Lameiro, fixeron a entrega do premio ao décimo segundo gañador do certame Viaxando, Sergio Lorenzo Ares, coa súa foto “Comeza a viaxe”. Tamén se inaugurou a exposición coas fotos dos participantes neste ano 2018, que estará aberta ao público e pódese visitar na Casa do Concello de Gondomar ata o 9 de novembro. Despois a exposición rotará por todas as OMIXs organizadoras -Tomiño, O Rosal, Salceda de Caselas, A Guarda, Baiona, O Porriño- e o Espazo Xove de Tui. A OMIX de Gondomar foi a encargada de poñer en marcha esta edición do certame.