Arquivados os procedementos de Gondomar, Baiona e Chandebrito pola vaga de incendios

FOTO: GRACIELA CARLOS // O incendio de Baiona desde o Monte Real Club de Yates.

Segundo informa Europa Press, tres procedementos diferentes incoados tras a vaga de incendios forestais que arrasou Galicia en outubro de 2017 foron arquivados. Trátase dos correspondentes a Gondomar, Baiona e Chandebrito, en Nigrán, este último que ocasionou dúas vítimas mortais. O xulgado atópase á espera de recibir o resultado das dilixencias, pero tecnicamente a causa dáse por arquivada para evitar que corran os prazos.

No caso de Gondomar foron detidos dous irmáns. Tras tomarlles declaración e despois do estudo doutras probas, a causa se sobreseiu provisionalmente e arquivouse por entender que non había indicios suficientes contra eles. O terceiro, o procedemento correspondente a Baiona, tamén foi arquivado segundo fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).