Anuncios
Ticker de novas

O ex xogador do Gondomar “Doro Penisco” falece aos 81 anos de idade

FOTO: GONDOMAR CF // Aliñación na segunda metada dos 50. Arriba: Eugenio, Doro -Penisco III-, Pepe -Penisco II-, Tito, Manolo -Penisco I-, Nacholas. Abaixo: Óscar, Carburo, A. Soliño, Lito e Manolo Regueiro.

Teodoro Fernández Rodríguez, coñecido como “Doro Penisco” e xogador do Gondomar Club de Fútbol entre os anos 50 e 70, faleceu aos 81 anos de idade no hospital vigués de Povisa. Os seus restos mortais sairán este martes, día 23 de outubro, ás 16:45 horas desde o Tanatorio do Val Miñor en Sabarís dirección á Igrexa de San Bieito de Gondomar, onde se celebrará o funeral ás 17:00 horas. A continuación terá lugar o enterro no cemiterio parroquial.

Anuncios